Repositorio de Software

Dende a Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Lalín facemos unha aposta polo Código Aberto e o Software Libre.

Neste repositorio de GitHub atoparás os distintos desenvolvementos que se vaian liberando dende o Departamento de Informática e que poidan servir de base para outros Concellos, Empresas, Particulares,...

Ver o código show me the code

Proxectos

Tradución ao galego de Omeka

Novidade! Omeka é un software libre, flexible e de código aberto pensado para a publicación na web de coleccións dixitais de bibliotecas, arquivos, museos ou calquer outra institución que desexe difundir o seu patrimonio cultural.

O Concello de Lalín publica a tradución ao galego de Omeka neste repositorio e tamén na plataforma Transifex. Os ficheiros de gettext están publicados na plataforma Transifex e tamén neste repositorio.

Ir ao repositorio show me the code

Telegram Lalín

Novidade! Widget para incorporar os contidos dunha canle de Telegram nunha web.
O proxecto emprega como base o framework slim e o API de Telegram para PHP.

Contidos soportados:

  • Texto
  • Imaxes, ás imaxes son descargadas do servidor de Telegram.
  • Textos con ligazóns: da primeira ligazón atopada descárgase a información embebida en tags OpenGraph, tamén a imaxe.
  • Ligazóns: descárgase a información embebida en tags OpenGraph xunto coa imaxe asociada.
  • Audios, descarga os audios do servidor de telegram e incrusta coa tag audio
  • Vídeos, descarga os vídeos do servidor de telegram e incrusta coa tag vídeo

Contidos PENDENTES (TO-DO):

  • Múltiples imaxes agrupadas nun post.
  • Notas de voz
  • Soporte para axustar o ancho do widget
  • Crear estrutura de templates para que os desenvolvedores poidan personalizar a visualización dos post (text, audio, video, link,...).

Se precisas das funcionalidades pendentes reporta unha issue no repositorio do proxecto.

Ver o código show me the code

Administración Electrónica para tod@s

Presentación para iniciar aos cidadáns no uso da administración electrónica.

Temas tratados na presentación:

  • Verificar os certificados do eDNI
  • Uso do eDNI
  • Rexistro solicitude no Concello de Lalín a través da súa sede
  • Consulta catastral
  • Pedir Cita no Sergas
  • Informe de Vida Laboral
  • Consulta de puntos do carnet de conducir

Ver a presentación   Descargar a presentación


Aplicación de Enquisas do Cocido

O proxecto enquisas-cocido xorde das necesidades de ter que procesar as enquisas que se cumprimentan nos restaurantes durante o mes da Feira do Cocido.

Este proxecto foi realizado para procesar un tipo determinado de enquisas, pero a súa adaptación para outro tipo de enquisas é moi sinxelo. O programa permite crear as distintas preguntas coas súas opcións de resposta. As opcións de resposta son configurables e dende o aplicativo podemos definir o posicionamento na imaxe escaneada.

Para a detección das marcas do usuarios emprégase Imagemagick. No proceso contabilízanse os pixeles marcados e por cálculos de porcentaxes calcula a opción marcada. No caso de detectar unha marca nunhas opcións de resposta para unha pregunta o sistema marca a enquisa para revisar.

As distintas enquisas poden subirse nun ficheiro PDF coas imaxes escaneadas.

Ver o código show me the code


Directorio de Empresas

O proxecto Directorio de empresas do Concello de Lalín é un sitio desenvolvido para promocionar as empresas de Lalín. O directorio favorecerá a búsqueda das naves ou locais das empresas do Concello mediante un mapa geoposicionado.

O portal emprega as seguintes tecnoloxías:

  • LAMP Stack
  • BoltCMS, xestor de contidos desenvolvido con Symfony2
  • Leaflet e OpenStreetMap para os mapas

Ver o código show me the code